¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Nesta casa de labranza con moitos séculos de historia, xunto a un xacemento castrexo do que seguramente tomou prestadas as pedras para a súa construcción, na actualidade conviven moitas iniciativas distintas que nos permiten seguir confiando en que traballar dignamente no lecer educativo, e durante todo o ano, é posible. Achégate a coñecer as posibilidades que ofrece este lugar máxico!

Granxa Escola

Ofrecemos visitas escolares e para grupos nas que coñecer aos nosos animaliños e compartir momentos inesquecibles con eles, mentres facemos actividades de Educación Ambiental, Etnografía ou Gastronomía nunha contorna privilexiada. 

 

Albergue con capacidade para 30 persoas, con moitos espazos exteriores e interiores onde levar a cabo actividades de lecer educativo.

Os usuarios e usuarias teñen a oportunidade de conectar coa natureza e desfrutar de actividades ao aire libre mentres exploran as corredoiras que bordean o Tambre ou respiran aire puro no bosque galego.

 

Servizo gratuito de atención diurna integral para maiores de 60 anos, onde sempre prima o acompañamento ás persoas usuarias: obradoiros de envellecemento activo, adestramento cognitivo e outras actividades persoalizadas. Tamén ofrece servizos de transporte e mantenza para as persoas usuarias.