O Albergue Xuvenil Garatuxa atópase na Casa de Bello, unha casa de labranza con máis de tres séculos de historia, que se atopa a carón do Tambre, na parroquia de Boado (Concello de Mesía).
Con capacidade para 30 persoas, o noso albergue ofrece unha experiencia única que combina natureza, aventura e aprendizaxe. As nosas instalacións contan con 8 dormitorios cómodos e ben equipados, con baño privado, áreas comúns acolledoras e con chimeneas, e unha cociña totalmente equipada onde as persoas usuarias poden preparar as súas propias comidas. O noso persoal estará sempre disponible para garantizar unha estancia segura e memorable para todas as persoas que por aquí pasen.
Garatuxa atópase nunha contorna privilexiada, nunha pequena aldea e rodeada de bosque autóctono. Os usuarios e usuarias teñen a oportunidade de conectar coa natureza e desfrutar de actividades ao aire libre mentres exploran as corredoiras que bordean o Tambre ou respiran aire puro no bosque galego.
Unha das características distintivas do albergue é a presencia de animais: temos un enorme galiñeiro con exemplares de varias razas de galiñas do mundo, así como cabras, cans, gatos, patos… E a carón das instalacións atópase a Granxa Boado, que podemos visitar e coñecer cómo é unha explotación leiteira, amáis de afondar nos coñecementos sobre a vida no rural galego ao longo dos anos, o coidado e respecto polos animais e pola contorna que nos rodea.
Tamén ofrecemos un amplo abano de actividades guiadas pola zona, aprendendo novas habilidades e descubrindo a riqueza cultural de Galicia. Organizamos excursións guiadas pola Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como polas comarcas de Arzúa, Betanzos, Melide e Ordes.
O albergue está moi ben comunicado, a carón da N-634 que conecta Santiago de Compostela con Asturias, a escasos kilómetros do aeroporto de Lavacolla e a menos dunha hora de ciudades como Lugo e A Coruña, e a escasos minutos en coche de lugares de interese como a Casa Grande de Xanceda, o Festival de la Luz, a Área Recreativa de Ponte de Castro ou a de As Brañas da Valga (Visantoña), o Castelo-fortaleza ou a piscina municipal de Mesía.