¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Casa do Maior de Mesía

 

 

Servizo gratuito de atención diurna integral para maiores de 60 anos, onde sempre prima o acompañamento ás persoas usuarias: obradoiros de envellecemento activo, adestramento cognitivo e outras actividades persoalizadas. Tamén ofrece servizos de transporte e mantenza para as persoas usuarias.

A Casa do Maior é un servizo subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, e ofrece cinco prazas para maiores de 60 anos sen dependencia ou con dependencia recoñecida de grao I, como recurso de mantemento e mellora da calidade de vida e prevención da dependencia a través dos seguintes eixes:

  • Promoción da autonomía física e a saúde: actividades diarias dirixidas a psicomotrocidade e mellora da condición física, rutinas de exercicios, paseos pola contorna, actividades de lecer ao aire libre, deseños de menús adaptados as necesidades das persoas usuarias, educación alimentaria, orientación e seguemento nas condicións de hixiene persoal, seguemento médico e de medicacións.
  • Estimulación cognitiva: tarefas de entrenamento cognitivo, xogos de memoria, atención, concentración, exercicios de categorización, ordenación, clasificación, resolución de problemas adaptados a elementos significativos da vida cotiá que potencien o máximo a súa funcionalidade.
  • Orientación temporal e espacial: lectura de prensa, visualización de telediarios, actividades de orientación espacial na contorna…
  • Benestar emocional e apoio psicoafectivo: dinámicas para o fomento da autoestima e o empoderamento da terceira idade, actividades que favorezan o autodescubremento, a búsqueda de intereses, a creatividade, apoio continuo por parte do profesional a cargo do proxecto nun ambiente de respeto, aceptación e confianza, creación de redes de apoio a través de actividades grupais, implicación de familiares e amigos no programa….
  • Promoción do apoio social e a socialización: participación activa na vida do Concello, colaboración co Concello no deseño de actividades interxeracionais abertas ao público onde os nosos maiores desempeñen un papel relevante, participación nas actividades promovidas polo Concello de Mesía dirixidas a este colectivo e o público xeral (excursións, festividades, programas dirixidos a terceira idade…), deseño de actividades de portas abertas na Casa do Maior onde a veciñanza poda participar de actividades conxuntas de índole lúdico e cultural (magostos, festa de nadal, entroido, san xoán, festividades locais, xantares populares…)…
  • Promoción do apoio familiar: implicación das familias no programa, participación das familias na programación de actividades, deseño de actividades con familiares, reunión de seguemento, comunicación continua, orientación as familias…
  • Normalización e integración: traballo de hábitos de autonomía e trefas da vida diaria a través de exercicios prácticos e lúdicos.