¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

SERVIZOS

Os servizos que ofertamos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Lecer 

En Avada deseñamos, executamos e avaliamos todo tipo de actividades de lecer educativo: campamentos, conciliacións, actividades formativas, de especialización, vencelladas á educación medioambiental, ao audiovisual, á fotografía, arquitectura, música tradicional... En definitiva, moi diversos eidos que comparten un denominador común: a mirada educativa.

VER TODOS

Campamentos

CAMPAMENTOS

Campamentos en albergue ou tendas de campaña; na praia ou na montaña; en galego, en inglés, francés, español… Con actividades de educación medioambiental, temáticos…

Viaxes de fin de curso

VIAXES DE FIN DE CURSO

Viaxes organizadas con equipo de monitoras/es, visitas guiadas, actividades de lecer educativo, dinámicas de cohesión e traballo en equipo, e moito máis… 

Proxectos de educación non formal

PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL

Programa de educación non formal orientado a familiarizar en tempo exprés os conceptos básicos de distintas temáticas: audiovisual, fotografía, educación ambiental, habilidades sociais…

Inmeersión lingüistica

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Actividades encamiñadas á aprendizaxe dunha nova lingua mediante a práctica lúdica.

Rutas e visitas guiadas

RUTAS E VISITAS GUIADAS

Organizamos tamén excursións sen pernocta, para coñecer un lugar e a súa historia, as xentes que o habitan, a fauna e flora, o patrimonio…

Actividades culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS

Exposicións temporais, mostras culturais, programacións a medida, coloquios ou conferencias, obradoiros e demáis…

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cooperación

En AVADA deseñamos e executamos proxectos de cooperación internacional xunto con outras ONGs e Asociacións. 

Temos participado en proxectos có pobo saharaui, nos campamentos de refuxiados/as de Tindouf (Arxelia); tamén con mozos/as procedentes de Afganistán en situación de refuxio internacional, e con poboación migrante que ven de África buscando un futuro mellor. 

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Elas conducen

ELAS CONDUCEN

Proyecto de cooperación internacional con la República Árabe Saharaui Democrática en los campamentos de refugiados/as de Tindouf. 

Máis información...

Elas conducen

TERRAS MIGRANTES

Programa integral de acollida, acompañamento, formación e integración de mocidade procedente de Afganistán, buscando un futuro no rural galego.

Máis información...

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Formación en Avada

Formación

Cursos oficiais de monitor e director de tempo libre e cursos monográficos de especialización

Cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde as persoas participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e a análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

CURSOS ESPECIALIZADOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xestión

COORDINACIÓN DE DISTINTOS ESPAZOS E RECURSOS SOCIOCULTURAIS

Centro etnogŕafico de Teixeiro

CENTRO ETNOGRÁFICO DO MANDEO (Teixeiro)

Coordinamos a atención ao público e recepción de visitantes do Centro Etnográfico do Mandeo, un museo etnográfico da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, no Paseo Fluvial de Teixeiro (Concello de Curtis).

 

Albergue xuvenil Garatuxa

ALBERGUE XUVENIL GARATUXA

Albergue Xuvenil e granxa escola nunha casa con máis de tres séculos de historia: aloxamento para 30 persoas en habitacións con baño privado.

Na parroquia de Boado, á beira do Tambre, pertencente ao Concello de Mesía.

Casa do Maior Mesía

CASA DO MAIOR DE MESÍA

Deseñamos distintas iniciativas e actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, aumentando a oferta de lecer dirixida a este colectivo. A Casa do Maior de Mesía, en Casa de Bello, é un servizo gratuíto promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, orientado ás persoas maiores de 60 anos, para un envellecemento activo.