¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Elas conducen

No inverno de 2022, na viaxe aos campamentos saharauis de Tindouf (Arxelia) organizado por SOGAPS, puidemos constatar que entre moitos outros eidos, na Educación Vial dos e das saharauis hai moitas carencias: ausencia de libros de textos, sinais desactualizadas, e coches para a formación práctica sen doble pedal, cos perigos que isto conleva. 

Este proxecto de cooperación internacional busca axudar a solventar esas carencias, co envío de material de Educación Vial: libros de texto, pósters de sinalización, pizarra, material funxible e o máis importante: na próxima caravana humanitaria partirá cara os campamentos saharauis un coche de autoescola adaptado con dobles pedais.

O programa a desenvolver no futuro inclúe campañas de 2/3 meses ao ano, dirixidas a formar ás mulleres saharauis para a obtención do carné de conducir.