Cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde as persoas participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e a análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.
Contamos cun gran equipo de especialistas no campo con máis dunha década de experiencia en postos de execución e coordinación de actividades de ocio e tempo libre con crianzas, adolescentes ou persoas de terceira idade, e a nosa paixón é compartir os nosos recursos coas persoas que queiran achegarse a el.