Xestión

Coordinación de distintos espazos e recursos socioculturais

  • Espazos culturais

    En Avada xestionamos distintos espazos culturais: na actualidade coordinamos a atención ao público e recepción de visitantes do Centro Etnográfico do Mandeo, un museo etnográfico da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Na primavera de 2023 estrearémonos tamén na Casa de Bello, unha casa de labranza en Mesía.

  • Envellecemento activo

    Deseñamos distintas iniciativas e actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, aumentando a oferta de lecer dirixida a este colectivo.

  • Proxectos audiovisuais

    Levamos a cabo proxectos educativos arredor do mundo audiovisual, dirixidas a distintas idades e niveis de coñecemento técnico. Dende obradoiros puntuais a actividades con pernocta onde convivir e compartir experiencias con profesionais deste eido.

  • Erasmus +

    Participamos en proxectos de Erasmus+ como a xestión das bolsas de mobilidade laboral en Irlanda do programa Practicum Depo, da Deputación de Pontevedra.

  • Mobilidade

    Facilitamos e poñemos en contacto a centros educativos de Formación Profesional con empresas en Irlanda onde o alumnado desenvolve períodos de prácticas.