VOLUNTARIADO

En AVADA deseñamos e executamos proxectos de voluntariado ao longo do ano: xornadas e formacións durante o curso e campos de voluntariado con pernocta durante o verán.

Organizamos actividades de voluntariado contextualizadas ao momento e ao lugar: se tés algunha idea e queres acompañamento para levala a cabo, ponte en contacto con nós en [email protected] e comecemos a falar!

ARQUEOLOXÍA

Coa axuda de distintas entidades do mundo da arqueoloxía, facemos actividades de voluntariado de prospección e excavación de castros da Idade de Ferro; catalogación e modelaxe 3D de petróglifos; consolidación de xacementos romanos…

MEDIOAMBIENTAIS

Catalogación de flora e fauna; estudo das migracións e poboacións de mamíferos e aves mariñas; sinalización de roteiros e recollida de lixo; creación de códigos QR e sinalización de lugares de interese; dinamización e concienciación na rúa…

ETNOGRAFÍA

Recollida de testemuñas; divulgación de contos e cancións de tradición oral; música tradicional; antigos oficios…

CAMIÑO DE SANTIAGO

Mantemento das estapas e sinalización das mesmas; dinamización de puntos descoñecidos de gran valor turístico; creación de Códigos QR con roteiros alternativos e puntos de interese; posta en valor de rutas alternativas…