¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

SERVIZOS

Os servizos que ofertamos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Lecer 

En Avada deseñamos, executamos e avaliamos todo tipo de actividades de lecer educativo: campamentos, conciliacións, actividades formativas, de especialización, vencelladas á educación medioambiental, ao audiovisual, á fotografía, arquitectura, música tradicional... En definitiva, moi diversos eidos que comparten un denominador común: a mirada educativa.

VER TODOS

Campamentos

CAMPAMENTOS

Campamentos en albergue ou tendas de campaña; na praia ou na montaña; en galego, en inglés, francés, español… Con actividades de educación medioambiental, temáticos…

Viaxes de fin de curso

VIAXES DE FIN DE CURSO

Viaxes organizadas con equipo de monitoras/es, visitas guiadas, actividades de lecer educativo, dinámicas de cohesión e traballo en equipo, e moito máis… 

Proxectos de educación non formal

PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL

Programa de educación non formal orientado a familiarizar en tempo exprés os conceptos básicos de distintas temáticas: audiovisual, fotografía, educación ambiental, habilidades sociais…

Inmeersión lingüistica

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Actividades encamiñadas á aprendizaxe dunha nova lingua mediante a práctica lúdica.

Rutas e visitas guiadas

RUTAS E VISITAS GUIADAS

Organizamos tamén excursións sen pernocta, para coñecer un lugar e a súa historia, as xentes que o habitan, a fauna e flora, o patrimonio…

Actividades culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS

Exposicións temporais, mostras culturais, programacións a medida, coloquios ou conferencias, obradoiros e demáis…

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cooperación

En AVADA deseñamos e executamos proxectos de voluntariado ao longo do ano, contextualizadas ao momento e ao lugar: xornadas e formacións durante o curso e campos de voluntariado con pernocta durante o verán.

Tamén formamos parte de diversos proxectos de cooperación internacional, dos que nos sentimos moi orgullosas.

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Aldea Alfacuca

ALDEA ALFACUCA

Voluntariado nesta fermosa aldea da parroquia de Louredo, no Concello de Mos.

Máis información >

O batán do Mezonzo

O BATÁN DO MEZONZO

Campo de voluntariado internacional do 17 ao 28 de agosto no concello de Vilasantar.

Máis información >

Arboretum

ARBORETUM

Voluntariado no xardín botánico do Arboretum de Mesía, coa plantación dun xardín sensorial e un bosque comestible.

Máis información >

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Formación en Avada

Formación

Cursos oficiais de monitor e director de tempo libre e cursos monográficos de especialización

Cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde as persoas participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e a análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

CURSOS ESPECIALIZADOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xestión

COORDINACIÓN DE DISTINTOS ESPAZOS E RECURSOS SOCIOCULTURAIS

ESPAZOS CULTURAIS

En Avada xestionamos distintos espazos culturais: na actualidade coordinamos a atención ao público e recepción de visitantes do Centro Etnográfico do Mandeo, un museo etnográfico da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Na primavera de 2023 estrearémonos tamén na Casa de Bello, unha casa de labranza en Mesía.

 

CASA DE BELLO

Campamentos en albergue ou tendas de campaña; na praia ou na montaña; en galego, en inglés, francés, español… Con actividades de educación medioambiental, temáticos…

 

ENVELLECEMENTO ACTIVO

Deseñamos distintas iniciativas e actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, aumentando a oferta de lecer dirixida a este colectivo.

 

PROXECTOS AUDIOVISUAIS

Levamos a cabo proxectos educativos arredor do mundo audiovisual, dirixidas a distintas idades e niveis de coñecemento técnico. Dende obradoiros puntuais a actividades con pernocta onde convivir e compartir experiencias con profesionais deste eido.

 

ERASMUS +

Participamos en proxectos de Erasmus+ como a xestión das bolsas de mobilidade laboral en Irlanda do programa Practicum Depo, da Deputación de Pontevedra.

 

MOBILIDADE

Facilitamos e poñemos en contacto a centros educativos de Formación Profesional con empresas en Irlanda onde o alumnado desenvolve períodos de prácticas.