¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

SERVIZOS

Os servizos que ofertamos

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Lecer 

En Avada deseñamos, executamos e avaliamos todo tipo de actividades de lecer educativo: campamentos, conciliacións, actividades formativas, de especialización, vencelladas á educación medioambiental, ao audiovisual, á fotografía, arquitectura, música tradicional... En definitiva, moi diversos eidos que comparten un denominador común: a mirada educativa.

VER TODOS

Campamentos

CAMPAMENTOS

Campamentos en albergue ou tendas de campaña; na praia ou na montaña; en galego, en inglés, francés, español… Con actividades de educación medioambiental, temáticos…

Viaxes de fin de curso

VIAXES DE FIN DE CURSO

Viaxes organizadas con equipo de monitoras/es, visitas guiadas, actividades de lecer educativo, dinámicas de cohesión e traballo en equipo, e moito máis… 

Proxectos de educación non formal

PROGRAMAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL

Programa de educación non formal orientado a familiarizar en tempo exprés os conceptos básicos de distintas temáticas: audiovisual, fotografía, educación ambiental, habilidades sociais…

Inmeersión lingüistica

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Actividades encamiñadas á aprendizaxe dunha nova lingua mediante a práctica lúdica.

Rutas e visitas guiadas

RUTAS E VISITAS GUIADAS

Organizamos tamén excursións sen pernocta, para coñecer un lugar e a súa historia, as xentes que o habitan, a fauna e flora, o patrimonio…

Actividades culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS

Exposicións temporais, mostras culturais, programacións a medida, coloquios ou conferencias, obradoiros e demáis…

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Cooperación

En AVADA deseñamos e executamos proxectos de voluntariado ao longo do ano, contextualizadas ao momento e ao lugar: xornadas e formacións durante o curso e campos de voluntariado con pernocta durante o verán.

Tamén formamos parte de diversos proxectos de cooperación internacional, dos que nos sentimos moi orgullosas.

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Formación en Avada

Formación

Cursos oficiais de monitor e director de tempo libre e cursos monográficos de especialización

Cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde as persoas participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e a análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

CURSOS ESPECIALIZADOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Xestión

COORDINACIÓN DE DISTINTOS ESPAZOS E RECURSOS SOCIOCULTURAIS

CENTRO ETNOGRÁFICO DO MANDEO (Teixeiro)

Coordinamos a atención ao público e recepción de visitantes do Centro Etnográfico do Mandeo, un museo etnográfico da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, no Paseo Fluvial de Teixeiro (Concello de Curtis).

 

ALBERGUE XUVENIL GARATUXA

Albergue Xuvenil e granxa escola nunha casa con máis de tres séculos de historia: aloxamento para 30 persoas en habitacións con baño privado.

Na parroquia de Boado, á beira do Tambre, pertencente ao Concello de Mesía.

CASA DO MAIOR DE MESÍA

Deseñamos distintas iniciativas e actividades encamiñadas a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, aumentando a oferta de lecer dirixida a este colectivo. A Casa do Maior de Mesía, en Casa de Bello, é un servizo gratuíto promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, orientado ás persoas maiores de 60 anos, para un envellecemento activo.