Mapa pola obra en Galicia do arquitecto Antonio Palacios

Todos estes materiais foron deseñados, fotografiados e rodados, redactados e debuxados polas participantes no Campo Internacional de Voluntariado “Ruta de Palacios”, unha actividade da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, na que contamos cun fantástico equipo de 12 persoas procedentes de lugares tan dispares como Sevilla, León, Logroño, Donostia, Valencia, Escocia, Mallorca, Vigo, Vilanova de Arousa, Cangas,  Brasil e República Checa; e que estiveron convivindo en instalacións municipais do Porriño dende o 26 de xullo ata o 6 de agosto de 2022.

ANTONIO PALACIOS RAMILO

Nace no Porriño en 1874 como o menor de sete irmás e irmáns e fillo dun axudante de obras públicas. Trasládase a Madrid ao rematar bacharelato para cursar estudos de arquitectura; é alí onde comeza a facer méritos que deixarán un legado duradeiro.

Pasa as vacacións en Galicia, maiormente entre a súa vila natal e Vigo. Onde acude a tertulias con outros intelectuais galegos na Botica Nova, unha obra que fixo para o seu irmán (o farmacéutico José Palacios), lugar de reunión para o poeta Ramón Cabanillas, o escritor e avogado Valentín Paz Andrade e o empresario Enrique Peinador, entre outros.

É un arquitecto complicado de clasificar dentro dun estilo concreto, sendo o rexionalismo o mais carácterístico das suas obras en Galicia.

A formalización este estilo levouno a ser o primeiro embaixador das canteiras de granito do Porriño, ubicadas en Atios. Este granito non se empleaba en arquitectura debido o tamaño dos seus componentes, gracias a maquinaria que se lle proporcionou, abriu o mercado a toda a península.

Falece en 1945 en Madrid, de onde os seus restos serán trasladados o cemiterio do Porriño, onde descansa  baixo un penedo de granito sen pulir.

O LEGADO DE PALACIOS NA SÚA VILA NATAL: O PORRIÑO

A FONTE DO CRISTO

Obra de 1904 de Antonio Palacios que se atopa situada na Praza do Cristo do Porriño, e destacan detalles como a presencia de dragóns e dun paxe portando unha lanza de ferro forxado en forma de cruz.

De estilo ecléctico e inspirada nas fontes barrocas tradicionais galegas, destaca pola conxugación de materiais como a pedra, a cerámica e o ferro. É unha fonte de tendencia vertical estructurada en dos corpos. O primero, robusto e de fortes volúmenes graníticos, ten unha base octogonal para salvar o desnivel da praza, e se atopa rodeado por oito diminutas e grosas columnas. Na parte superior das escalinatas colócase unha recia base sobre a que se asenta o pie do segundo corpo, o cal divídese nunha primeira parte destinada aos caños de auga alternados con elementos ornamentais con motivos florais. Sobre ela, dispónese unha columna de corte clásico asentada sobre un corpo saínte octogonal.

CASA CONSISTORIAL DO PORRIÑO 

O edificio do concello do Porriño (1919-1924) constitúe a obra máis importante de Antonio Palacios na súa vila natal. Como o resto das súas obras feitas no Porriño, non cobrou por ela, amosando así o seu compromiso cós seus veciños.

Este proxecto debeu de ter un significado especial para o arquitecto e que, ademáis de concretar por primeira vez unha arquitectura de raíces galegas, foi unha obra ádicada á súa nai.

Toma referencias da arquitectura tradicional e dos estilos medievais da súa terra. Ramón Cabanillas define a Casa do Concello como ‘a primeira construción civil galega’.

En 1976 o edificio incendiase e se perden estructuras de madeira e vidreiras do interior. Sustituense por outras diferentes, pois é imposible recuperar os deseños orixinais.

En frente encontrase a casa onde naceu e viviu Palacios antes de comenzar os seus estudos en Madrid. Esta en esencia mantén a súa estrutura (os pórticos, balcóns…) tanto interna como externa, pero a entrada xa non se usa como acceso residencial. A vivienda de ao lado tamén pertencía á familia Palacios Ramilo, onde os balcóns do mesmo piso unificáronse.

A BOTICA NOVA

A Botica Nova é un singular edificio que  Antonio Palacios proxecta como farmacia e vivienda do seu irmán José Palacios. De estilo ecléctico, é un edificio sinxelo pero cargado de modernidade aunque con marcadas e fortes líneas de pedra, características habituais da producción de Palacios. Esta obra non só destaca polo seu gran valor histórico, sino tamén polas asiduas tertulias que alí se celebraban.

Nestas tertulias intelectuais participaban persoaxes da talla dos irmáns de Palacios, o escritor Paz Varela, Ramón Cabanillas, Enrique Peinador, Vicente Risco ou o pintor Francisco Llórens. Hoxe en día segue sendo unha farmacia, aunque a xerencia nada ten que ver coa familia Palacios.

TEMPLETE DO METRO DE MADRID

Antonio Palacios foi o encargado de deseñar tanto a imaxe do logo do Metro de Madrid, como o interior das súas estacións así como as bocas de acceso. Esta obra trátase do pavillón que daba acceso ao metro de Madrid na Gran Vía, na rede de San Luis (hoxe Línea 1), deseñado para ocultar un gran ascensor que comunicaba a rúa coa estación subterránea. Cando nos anos 70 o Ayuntamiento de Madrid decide prescindir desta obra, o Concello do Porriño e o Colegio de Arquitectos de Madrid fan campaña para traelo á súa vila natal, onde agora forma parte do Campo da Feira.

MONDARIZ BALNEARIO: AUGA, PEDRA E PALACIOS

FONTE DE TRONCOSO

No lugar se atopaba a primeira fonte con propiedades curativas atopada na zona, usada polos castrexos e romanos para curar lesións. É a obra máis antiga das atribuídas a Palacios en Mondariz, máis non está clara a súa autoría detrás do actual deseño da fonte: non aparece na súa lista de obras na Escuela de Arquitectos de Madrid. 

Popularmente coñécese como unha obra súa, pero hai pouca documentación que o poida verificar, só uns bocetos: posiblemente formaría parte dunha reforma, ampliación ou propostas de mellora.

FONTE DA GÁNDARA

No lugar existía unha pequeña e rústica fonte de pedra, pero debido á mezcla das aguas coas dun regato próximo, perdía parte das suas cualidades. Construíuse unha primeira fonte ao estilo de Troncoso, pero una vez que Palacios comenzou como becario no Gran Hotel, dentro dos traballos complementarios, recibíu o encargo da creación dunha nova fonte.

O pabellón da Fonte de Gándara conta con unha gran cúpula de formigón e ferro, suxeita por clásicas columnas de granito con decoracións vexetais nos capiteis. Caracterízase polo uso de materiais moi vangardistas: azulexo, granito gris Mondariz… Intenta adaptar a parte tradicional ou clásica pero dándolle un aire novo.

Foi o primeiro en usar granito gris na arquitectura, traído directamente das canteiras do Porriño. Denominado gris Mondariz polo lugar onde se lle deu o seu primeiro uso monumental.

EDIFICIO LA BARANDA

O Gran Hotel precisaba dunha zona de servizos: perruquería, tenda de roupa, telefonía… E Palacios foi o encargado de poñerlle remedio. A fachada é completamente lineal, pero unha vez no interior volven a aparecer os círculos tan presentes na súa arquitectura. Quería manter a esencia da vía termal, o círculo, o elemento perfecto para el. A estructura interior do edificio sufriu cambios, sendo adaptado ás necesidades actuais.

En 1973 houbo un incendio que paralizou a construcción, pero nos anos 90 empezaron a recuperación do espazo. 

Nos seus comezos a auga só se vendía nas farmacias, pero en Madrid empezaron a amosar interese polas súas augas e a decisión de embotellar a agua foi tomada posteriormente. A actual zona do spa corresponde coa antigua planta embotelladora.

HOTEL SANATORIO: HOXE “EDIFICIO PALACIOS”

Entre os diferentes clientes había xente que iba a coidarse e xente que iba a curarse, por isto crearon un edificio sanatorio. Visto en planta, o edificio é un círculo (zona de recepción) do que crecen dous aspas (zona de habitacións) e entre elas un semicírculo. Intenta manter a esencia modernista.

A construcción quédase á metade, xa que os Peinador tiveron problemas económicos e políticos.

O incendio paralizou a construcción, chegou ata o primeiro piso, quedando inacabado. Ademais, no momento do incendio a xente tomou parte do mobiliario, polo que gran parte da colección está en vivendas de particulares. 

Os Peinador pedíronlle que fixera a súa vivienda en Madrid e nese momento foi no que comenzou a súa relación coa capital.

O SEU LEGADO EN VIGO: SOÑOS DE MODERNIDADE… INCOMPLETOS

TEATRO GARCÍA BARBÓN: 

Hoxe en día Teatro Afundación, diseñouse para salvar o legado que deixou o teatro Rosalía de Castro tras arder o 8 de febreiro de 1910. Palacios inspirouse na Ópera Garnier de París e no teatro Arriaga de Bilbao, convertíndoo nun edificio emblemático da arquitectura do centro de Vigo. Ampliouse con respecto á sua extensión orixinal anexionando dos inmobles. Facía a función de teatro, cine, auditorio e incluso casino.

O seu exterior é de estilo ecléctico academicista e conta cun vestíbulo oval e unha escaleira de honra. Actualmente úsase como teatro para diferentes espectáculos, biblioteca e sala de estudio no último andar e sala de exposición nun lateral.

EDIFICIO VIÑAS-ARANDA: 

Deseñado en 1941, Palacios mostra un estilo clasicista similar ao da Escola de Chicago con mínimas referencias modernas. Consta de tres corpos: un zócalo o corpo base con pilastras e arcos almofadillados, un segundo corpo formado por unha columnata de orixe xigante, que sostén o tercer corpo que é o arquitrabe (unha viga horizontal sostida por columnas e sobre a que está o friso) e que engloba o cuarto andar. Toda a fachada é de granito procedente de canteiras locais e as dez columnatas están revestidas dun material cerámico vidriado de cor marrón, que lle proporciona un carácter decorativo inusual.

MONASTERIO DE LAS SALESAS REALES: 

Un dos proxectos relixiosos de Palacios, inda que nunca se chegou a terminar a súa construcción. El planteXou unha pranta en rotonda con deambulatorio e o espazo central delimitado por un octógono. No anteproxecto dispoñíase un gran patio central rodeado dos edificios conventuais. No centro da igrexa levantaríase unha monumental torre que sería un elemento identitario da imaxe da fachada da construcción. Auguraba que o mosteiro se convertiría nun mirador característico do turismo vigués.

En 1944 fírmanse os planos do primer pabellón pero non do proxecto completo. Palacios explicou que sería demasiado costoso abordar todo dunha soa vez e resultaba máis convinte ir por partes. Lamentablemente nunca chegou a completarse.

ANTONIO PALACIOS Á BEIRA DO MAR: O VAL MIÑOR

A VIRXE DA ROCHA (BAIONA): 

A primeira pedra colocouse en 1910, poñendo sobre ela unha pequena caixa de zinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, amáis dunha copia da acta de tal acontecemento.

Debido ás dificultades económicas surxidas durante as obras, a execución do monumento foi lenta, chegando incluso a suspenderse en varias ocasións. Nunha delas, cando o monumento había rebasado a metade, decídese reducir a súa altura, suprimindo un tramo do centro. Esta circunstancia quedou patente na imaxe, na que se pode apreciar o brusco cambio.

A pesar de todo, o día 14 de setembro de 1930 festéxase a súa inauguración con diversos actos e ceremonias relixiosas e paganas, que aínda hoxe repítense o último domingo de agosto, aos pés do monumento.

Esta imaxe cuxo manto arrinca da mesma rocha da colina do monte chamado Sansón, atópase a 100 metros sobre el nivel do mar. Ten unha altura de 15 metros dende a base, tallada en pedra, a excepción da cara e os brazos que son de mármol blanco esculpidos polo escultor madrileño Ángel García Díaz.

A súa coroa está rodeada dun nimbo de azulexos e pedra que descansa sobre os ombreiros. O interior do monumento está oco e contén unha escaleira de caracol de 45 escalóns que permite subir á carabela que a virxe sostén na súa man dereita, con capacidade para 7 persoas e que ven sendo un asombroso mirador dende onde contemplar a inmensidade do Atlántico así como de Baiona e o Val Miñor.

O TEMPLO VOTIVO DO MAR: UNHA HOMENAXE AO PASADO E Á XENTE DO MAR (PANXÓN, NIGRÁN)

Este templo relixioso nace para sustituír á antiga igrexa de Panxón, pois a antiga quedábase pequena debido ao crecemento do lugar; desta consérvase o arco visigótico a petición do propio Palacios, xa que estamos ante un dos poucos exemplos de arquitectura xermánica no país.

É este arco fonte de inspiración, así como motivos góticos, de influencia musulmana, e con toques modernistas, sen deixar de lado homenaxes á arte galega, así como a súa torre que emula un faro que orienta aos mariñeiros na súa volta a porto, coroada cunha rosa dos ventos.

Destaca polo uso de materiais reciclados como botellas de vidrio, mosaicos de cerámica nas paredes e cantos rodados na entrada, có xogo de texturas na fachada, un enclave característico do estilo de Palacios, así como as almeas, máis propias de castelos ou fortificacións que de templos relixiosos, outro guiño á súa arquitectura rexionalista.

O LEGADO DE PALACIOS NO CARBALLIÑO: O TEMPLO DA VERACRUZ

TEMPLO DA VERACRUZ: 

É a segunda construcción relixiosa que deseña Palacios tras o Templo Votivo do Mar. A obra foi financiada por suscripción popular. O proxecto foille encargado en 1942 e a súa construcción comeza en 1943 baixo a tutela do mestre canteiro Adolfo Otero Landeiro, que interpreta perfectamente o sentido da obra. Antonio Palacios comenzou as obras en forma dunha gran iglesia do tipo de peregrinación medieval, con xirola e capela radiales, mezclando artes como o románico e o gótico. Construído na súa totalidade con materiais da comarca, en especial granito e lousa, o Templo da Veracruz representa a obra máis grandiosa e identificadora da vila.

SANTA TREGA: UN RESTAURANTE NAS ALTURAS

MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA (MASAT):

O actual Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT) nas súas orixes foi proxectado como restaurante polo arquitecto porriñés, que vía no impresionante monte do Trega un lugar idóneo para a ubicación dun complexo turístico con hotel e restaurante, cunhas impresionantes vistas sobre o esteiro do Miño e A Guarda.

En 1953 a Sociedad Pro Monte compra o edificio e adáptao como museo, a onde trasladan os materiais atopados no impresionante castro do Trega. É un dos primeiros museos arqueolóxicos de Galicia distinguido como Monumento Histórico Artístico desde 1962. 

DEBUXOS DE LAURA COBO SOBRE OS EDIFICIOS E MONUMENTOS DE PALACIOS