INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
Practicum Depo
Durante o ano 2022 xestionamos as empresas receptoras de alumnas/os en prácticas en Irlanda do Practicum Depo, programa de mobilidade organizado pola Deputación de Pontevedra enmarcado no programa Erasmus+ da Unión Europea.
Mediante Practicum Depo centos de alumnos e alumnas en centros de ensino públicos da provincia de Pontevedra, matriculadas en Formación Profesional, desfrutan de seis meses de beca en distintos países europeos para continuar a súa formación, con prácticas en distintas empresas segundo os diferentes itinerarios formativos de cada participante.
Amáis, ofrecémoslle ás persoas participantes acompañamento durante a estadía, un amplo abano de actividades culturais e formativas e axuda coa busca de aloxamento durante os meses que dura a beca.