¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.

SERVIZOS

Campo de voluntariado internacional

  FRIOL (LUGO)

No concello lucense de Friol vense desenvolvendo desde 2017 o Festival Friulio, no que se recrea a chegada dos romanos a un poblado castrexo, coas suas loitas e os seus pactos, dando a coñecer un proceso histórico clave como foi a romanización do territorio no século II, e os cambios que isto supuxo a nivel da sociedade, cultura, arquitectura...

O Friulio é organizado cada primavera pola Asociación A Castronela, na que centos de veciños e veciñas reúnense nos seus tempos libres para construír un poboado castrexo, así como as súas caracterizacións como habitantes dos antigos castros, ou ben romanos e romanas. E no Friulio participan múltiples asociacións de recreación histórica, como as que integran o Arde Lucus ou vindas doutras partes da península.

Esta actividade proponse axudar a poñer en valor a actividade da Castronela, así como o Castro Friulio e as súas actividades diarias: restauración e consolidación das pallozas do castro, renovación dos tellados vexetais, sinalización dos accesos, retirada de especies invasoras e plantación de autóctonas nas inmediacións do Castro, e moito máis!

TAREAS DE VOLUNTARIADO

Para este 2023 o obxectivo principal é axudar na posta en marcha e execución da II Malla no Castro Friulio: un evento que tivo lugar por primeira vez o ano pasado, coincidindo coa primeira edición deste campo de voluntariado, e no que se trata de recuperar a tradición da malla do trigo, un evento moito máis alá da simple criba dos cereais: a malla era un proceso que duraba días, e que involucraba a todos os veciños e veciñas das aldeas durante esas xornadas de traballo en equipo para poder terminar a faena canto antes, nun ambiente festivo.

OBXECTIVOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


1

Traballar na mellora e posta en valor do Castro Friulio (Friol) e axudar na restauración, consolidación, encintado, impermeabilizado, e accesibilidade das diversas estruturas do poboado castrexo.


2

Participar na plantación dun bosque de árbores autóctonas e froiteiras ao longo do paseo do Río Narla ata o castro.


3

Participar na organización e execución da II Malla no Castro Friulio, evento que trata de recuperar a tradición da malla do trigo como un evento social que reunía a todo o pobo.


4

Creación dunha pequena peza audiovisual sobre a Malla da Castronela en Castro Friulio.

EXCURSIÓNS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

  • Ribadeo e Praia de As Catedrais
  • Lugo romano: muralla, Domus do Mitreo e Casa dous Mosaicos
  • Fortaleza de San Paio de Narla e museo provincial
  • Sierra da Cova dá Serpe, mitos e lendas
  • Sobrado dos Monxes, mosteiro, lagoa, roteiro dá carballeira
  • Granxa de Friol

TALLERES E ACTIVIDADES

  • Cestería
  • Aprendendo a facer queixo e pan no castro Friulio
  • Reconstrución dunha palloza dun castro
  • Percusión doméstica
  • Tie Dye