¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

VOLUNTARIADO INERNACIONAL

Do audiovisual galego

  CELANOVA (OURENSE)

A proposta xira arredor da elaboración de distintas pezas de non  ficción que reflictan a riqueza patrimonial, cultural, artística e literaria do Concello de Celanova, involucrando a veciñanza neste proxecto, a través da realización de distintas entrevistas e recollida de testemuñas.

As distintas pezas deberán reunir unha serie de requisitos técnicos (planos, secuencias, ángulos…) así como xeográficos (localizacións nas que rodar). Xunto co equipo audiovisual, os/as participantes irán pasando polas tres etapas da creación audiovisual: preprodución, produción e posterior montaxe.

Paralelamente, deberán aproveitar os medios técnicos (cámaras, equipos de son, trípodes, ordenadores, dron…) para a rodaxe de pequenas pezas individuais que presentaran no festival de curtas final, asegurando deste xeito unha aprendizaxe activa e participativa, na que as participantes se achegan ao coñecemento audiovisual dunha maneira práctica e lúdica.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Tarefas de voluntariado

Preproducción, producción e postproducción de distintas pezas audiovisuais sobre Celanova, a súa contorna, patrimonio, sociedade…

 

Excursións e actividades complementarias

  • Descubrimento dos espazos evocativos do contorno de Celanova, que inspiraron os escritores para a composición de poemas ou a creación de relatos literarios, como poden ser Penalta, Einibó, Vilanova dos Infantes etc.
  • Coñecemento do patrimonio arquitectónico e monumental de Celanova e dos seus arredores a través de actividades grupais e participativas.
  • Obradoiro de percusión doméstica, de bailes cantados, foliada…
  • Sesión de risoterapia
  • Escape game na casa dos poetas de Celanova
  • Visita a Castromao e plató de Galaicus
  • Concerto de órgano no Mosteiro de Celanova
  • Saída a Pozas de Olelas e baño nas Termas