¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

EDUCACIÓN NON FORMAL

Cine Rally

  ALBERGUE XUVENIL "MARIÑA ESPAÑOLA" (A CORUÑA)

Cine Rally é un programa enfocado a coñecer os pasos elementais da produción audiovisual, e desenvolvelos nun tempo récord: menos de 48 h. De venres a domingo, pasaremos pola preproducción (localización, guión, selección de planos…), producción o mesmo sábado (rodaxe, gravación de son…) e postproducción (edición) antes da Premiere das obras, que ten lugar o domingo. A todo isto hai que sumarlle os xogos, dinámicas e veladas.

 

Da man de Filmes de Pedra, co cineasta Brandán Cerviño e a produtora cinematográfica Sabrina Zimmermann, que xuntos presentaron “En la boca de la mina”, “Hai unha virxe alí arriba” ou “A Comuñón da miña prima Andrea”, candidata na categoría de mellor curtametraxe documental nos Goya 2022; xunto a eles e o noso equipo de tempo libre, os distintos grupos traballarán para confeccionar pezas audiovisuais de entre 1 e 5 minutos, explorando a súa creatividade, coñecendo distintas técnicas audiovisuais e amosando distintas facetas de Sada e a súa contorna.

Precisamente no límite entre os concellos de Sada e Bergondo atópase o Albergue Xuvenil Marina Española, que xunto có de Gandarío conforman o Complexo Xuvenil As Mariñas. Marina Española conta con máis de 100 prazas en habitacións con baño, calefacción, e na súa meirande parte con vistas ao mar.

Outono Xove é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, onde @s participantes viven unha experiencia dunha fin de semana de outono nun albergue xuvenil.