¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

CAMPAMENTO

Camp on the farm

  CASA DE BELLO, MESÍA (A CORUÑA)

Estamos emocionadas de levar a cabo un campamento de inmersión lingüística 100% en inglés. Unha experiencia única na que as crianzas aprenderán inglés mentres se divirten rodeados da beleza natural do rural galego.

Tanto o aloxamento coma as actividades terán lugar na casa de turismo rural “Casa de Bello”, localizada nunha contorna privilexiada do rural galego no Concello de Mesía (A Coruña). Durante o campamento, os e as participantes durmirán en habitacións de catro con baño compartido.

En canto á comida, estamos comprometidos co consumo de produtos locais e frescos de quilómetro cero para garantir unha alimentación saudable e sostible para todos.

A ratio reducida de participantes por grupo permite unha atención persoalizada por parte das nosas monitoras nativas.

A nosa metodoloxía de ensino do inglés baséase na aprendizaxe activa e lúdica, utilizando xogos e actividades deseñadas para que os nenos e nenas aprendan o idioma de maneira natural mentres se divirten.

Este campamento está dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, unha idade na que a aprendizaxe dun segundo idioma é máis efectivo e natural.

O prezo do campamento é de 295€ e ofrecemos opción de pago fraccionado.

Inscríbete agora e non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia inesquecible!

 

Formulario de inscrición