¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.

VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

Arboretum

  MESÍA (A CORUÑA)

Mesía é un concello da provincia da Coruña. Dista de Santiago 42 Km e 46 Km da Coruña. Pola súa situación territorial, ostentou durante a Idade Media a categoría de enclave estratéxico moi codiciado polos señores feudais laicos e polos eclesiásticos.

A súa importancia histórica débese en gran parte ao seu carácter fronteirizo e á súa situación privilexiada, estando recorrida e segregándoa por importantes vías de comunicación que unían as Mariñas con Santiago de Compostela, e polas que discorría a circulación dos comerciantes europeos que descargaban as súas mercadorías nos portos brigantinos.

Dende o ano 2007, Mesía conta cun xardín botánico ou Arboretum, no Pico de Cumbraos, o punto máis elevado do Concello e que conta cunhas fermosas vistas. Neste Arboretum é onde terá lugar o voluntariado medioambiental para axudar a poñer en valor o lugar e mellorar as súas prestacións.

Tarefas de voluntariado:

A intervención neste xardín botánico xirará en torno a tres actividades principais:

  1. Coidado e ampliación do xardín sensorial con exemplares de plantas e herbas aromáticas que estimulen o olfacto e outros sentidos e a construción dun estanque para estimular o oído con pequenas cascadas de auga aproveitando o desnivel do Arboretum.

  2. Coidado e mellora do bosque comestible plantado o ano anterior, e identiicación das especies plantadas.

  3. Construír hoteis de insectos, niños para aves e casas para morcegos.


O penúltimo día do campo, o grupo de participantes fará unha visita guiada para as veciñas e veciños de Mesía para presentarlles os avances no Arboretum e os resultados deste traballo.

Excursións e actividades complementarias:

  • Aula da Natureza das Brañas da Valga

  • Sobrado dos Monxes: o Mosteiro, a lagoa e a ruta da Carballeira

  • Santiago de Compostela

  • Lugo: muralla romana, Domus do Mitreo

  • Casa Grande de Xanceda