Aldea Alfacuca
Voluntariado nesta fermosa aldea da parroquia de Louredo, no Concello de Mos, de carácter ambiental e social.
Arboretum de Mesía
Voluntariado ambiental no xardín botánico ou Arboretum de Cumbraos, no Concello de Mesía.
Camiños e patrimonio cultural
Voluntariado arqueolóxico no Concello de Curtis, recollendo e actualizando os datos das correspondentes fichas arqueolóxicas dos xacementos existentes e procurando novos achados.
Campamento Romano de A Ciadella
Voluntariado arqueolóxico no Campamento Romano de A Ciadella en Sobrado dos Monxes, con distintas intervencións da man do equipo arqueolóxico que alí traballa.
CelaNovas
Campamento audiovisual e xornalístico no Albergue de Celanova, en colaboración coa Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova.
Cinema Paraíso
Campamento xuvenil na illa de San Simón, con ambientación xornalística, obradoiros literarios, radiofónicos e audiovisuais.
Cine Rally
Programa de educación non formal en fins de semana, orientado á aprendizaxe de conceptos básicos da creación audiovisual, e poñelos en práctica nun tempo récord.
Do audiovisual galego
Proxecto de voluntariado do Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, que leva máis dunha década retratando esta fermosa vila con pezas audiovisuais.
ECOciña Campamento Culinario
Campamento culinario na granxa escola da Casa do Queixo de Grixalba, onde coñeceremos todas as etapas da produción ecolóxica de alimentos, e a súa posterior elaboración.
Elas conducen
Programa de cooperación internacional no Sáhara Occidental, que trata de achegar a Educación Vial á poboación saharaui en xeral, e ás mulleres en particular.
English Summer Camp A Devesa
Campamento de inmersión lingüística en inglés nas instalacións do Campamento Xuvenil A Devesa, a carón da Praia das Catedrais.
Friulio
Voluntariado no Castro Friulio, unha recreación histórica da Asociación A Castronela (Concello de Friol).
Luces de Boimorto
Voluntariado no Festival de la Luz, no Concello de Boimorto, durante a semana previa ao festival e durante o mesmo, en labores de loxística, organización e montaxe.
NutriChef
Campamento urbano de conciliación de temática culinaria, na Escuela Superior de Hostelería de Vigo – Harina Blanca, durante o mes de xullo.
O Batán de Mezonzo
Voluntariado ambiental no conxunto etnográfico do Batán de Mezonzo e a Ruta dos Muíños de Vilasantar (PRG-195).
Obxectivo: Sada
Programa de educación non formal en fins de semana, orientado á aprendizaxe de conceptos básicos da fotografía paisaxística, arquitectónica, nocturna ou aérea, mediante a propia experiencia.
Practicum Depo
Programa da Deputación de Pontevedra para realizar prácticas laborais de Formación Profesional en Irlanda.
Ruta de Palacios
Mapa da ruta polas obras senlleiras do arquitecto Antonio Palacios na súa terra, recollidas nun traballo de voluntariado que inclúe o mapa (virtual e físico), artigos sobre as obras en 3 idiomas e fotografías e videos divulgativos sobre as mesmas.