Cine Rally é un programa enfocado a coñecer os pasos elementais da produción audiovisual, e desenvolvelos nun tempo récord: menos de 48 h. De venres a domingo, pasaremos pola preproducción (localización, guión, selección de planos…), produción o mesmo sábado (rodaxe, gravación de son…) e postprodución (edición) antes da Premiere das obras, que ten lugar o domingo. A todo isto hai que sumarlle os xogos, dinámicas e veladas.

Amáis do equipo de tempo libre, a coordinación da parte audiovisual corre a cargo de Brandán Cerviño e Sabrina Zimmermann, director e produtora de Filmes de Pedra (“En la boca de la mina”; “Hai unha virxe alí arriba”; “A Comuñón da miña prima Andrea”, candidata aos Goya 2022 na categoría de curta documental) e Iago Seoane, fundador da produtora NasBeiras (“Paisajes de trashumancia”; “Adegas da memoria”…)

Outono Xove é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, onde @s participantes viven unha experiencia dunha fin de semana de outono nun albergue xuvenil, neste caso Marina. No límite entre os concellos de Sada e Bergondo atópase o Albergue Xuvenil Marina Española, que xunto có de Gandarío conforman o Complexo Xuvenil As Mariñas. Marina Española conta con máis de 100 prazas en habitacións con baño, calefacción, e na súa meirande parte con vistas ao mar.