Vivimos nunha sociedade onde a comida rápida está á orde do día; xa sexa porque é sabrosa, económica ou un bo recurso perante a escasez de tempo e enerxías.
As pequenas accións diarias volvense hábitos co paso do tempo; e ter uns hábitos alimenticios insanos pode repercutir no desenvolvemento tanto físico coma mental das persoas.
O noso aparato dixestivo, coñecido coma “o segundo cerebro” cómpre dun consumo mínimo diario de auga, vitaminas, minerais, fibra, graxas saudables, proteínas completas, froitas e verduras para un correcto funcionamento e desenvolvemento saudable ao longo de toda a vida. E por iso é indispensable atopar un punto de equilibro na nosa dieta.
É ben sabido que cada vez máis as novas xeracións desenvolven adiccións á alimentos ultraprocesados con altas proporcións de azucres e graxas poliinsaturadas.
Por iso, cremos imprescindible a divulgación e formación en temas referentes aos hábitos de vida saudables e nutrición, así coma a incorporación de optativas saudables aos alimentos que xa estamos acostumados a consumir.
Neste obradoiro culinario ensinaremos á rapazada nocións básicas sobre nutrición e elaboracións clásicas, aportando unha perspectiva da cociña moderna e levando a cabo as versións máis sanas e integrais dos platos e postres de toda a vida.
A metodoloxía a desenvolver caracterízase por ser activa e participativa, favorecendo o diálogo e o debate, buscando a aprendizaxe a través de distintas estratexias grupais.