Campamento ECOciña
Campamento culinario na Casa do Queixo de Grixalba, unha granxa escola onde achegarnos aos procesos alimentarios máis elementais: dende sementar as verduras, a recolleita, a conserva… facendo cada día as nosas propias receitas, sensibilizándonos sobre a importancia dunha alimentación ecolóxica e saudable.
Tamén coidaremos dos moitos animais da granxa, e pasaremos tempo na piscina da propia instalación; teremos tempo de visitar os antigos muíños onde a parte de procesar os cereais, tiñan lugar importantes momentos na socialización dos nosos antepasados, pois é nestes lugares onde naceu a muiñeira.
Faremos algunha ruta pola preciosa Serra da Cova da Serpe, que limita as provincias da Coruña e Lugo, a parte de estar rodeada de mitos e lendas.
O aloxamento é no propio albergue da Casa do Queixo, con capacidade para 30 persoas en 8 habitacións, distribuidas en catro barracóns con baño.