Cinema Paraíso – Campamento na Illa de San Simón (agosto’22)

Convírtete en xornalista durante as vacacións!

Campamento de temática literaria e audiovisual ambientado nunha redacción dun medio de comunicación, onde cada día os equipos irán pasando polos distintos medios deixando as súas producións en varios formatos: podcast de radio, prensa escrita, ou pequenas pezas audiovisuais.

Con aloxamento e 5 comidas ao día na residencia da Illa de San Simón, e có acompañamento dun equipo de profesionais do tempo libre e do audiovisual que farán das vacacións un soño cumplido para @s nov@s xornalistas: ser parte da redacción dun medio de comunicación.

Situada nunha contorna privilexiada, que foi esceario de novelas como 20.000 leguas de viaxe submarina, de Julio Verne ou Os fillos do mar, de Pedro Feijóo; habitada dende o tempo dos castrexos, posteriormente lugar de paso dos templarios, campo de concentración durante a Guerra Civil, ou lazareto… As edificacións hoxe están completamente rehabilitadas e as illas son un auténtico xardín botánico con centos de especies vexetais (e animais!).

Na Residencia contaremos con habitacións dobles con baño privado e vistas ao mar, e a mantenza correrá a cargo dun equipo de profesionais que cociñarán para nós nas instalacións da propia illa.

O transporte ata a illa será en barco dende o Porto de Cesantes (Redondela).