Programas e actividades de lecer educativo
En Avada desfrutamos deseñando, executando e avaliando programas de lecer educativo adaptados ao público obxectivo, ao lugar onde se levan a cabo e ao tempo. Aquí podes botar un vistazo aos programas e actividades que desenvolvemos.
Campamentos en albergue ou tendas de campaña; na praia ou na montaña; en galego, en inglés, francés, español… Con actividades de educación medioambiental, temáticos…
Viaxes organizadas con equipo de monitoras/es, visitas guiadas, actividades de lecer educativo, dinámicas de cohesión e traballo en equipo, e moito máis…
Máis información…
Programa de educación non formal orientado a familiarizar en tempo exprés os conceptos básicos de distintas temáticas: audiovisual, fotografía, educación ambiental, habilidades sociais…
Actividades encamiñadas á aprendizaxe dunha nova lingua mediante a práctica lúdica.
Organizamos tamén excursións sen pernocta, para coñecer un lugar e a súa historia, as xentes que o habitan, a fauna e flora, o patrimonio…
Exposicións temporais, mostras culturais, programacións a medida, coloquios ou conferencias, obradoiros e demáis…
Máis información…