Campo de Voluntariado Internacional “O Batán de Mezonzo”

Concello de Vilasantar

Sobre a actividade:

Que é un batán?

Trátase dunha máquina destinada a transformar o tecido lixeiro e aberto, noutro tupido, máis quentiño. Tamén lava, desengraxa e ao mesmo tempo quítalle o pelo que non estea ben fixado á manta evitando que o solte despois. Normalmente, e neste caso, son movidos por forza hidráulica. 

Batán de Mezonzo

Está situado na parroquia de Mezonzo, onde profesou e colleu o alcume San Pedro de Mezonzo, pertencente ao Concello de Vilasantar. Este batán atópase na beira do río Gándara, afluente do Tambre, á beira dunha fermosa fervenza e rodeado dunha tupida fraga de bosques autóctonos. Polo batán mesmo pasa a Ruta dos Muíños de Vilasantar (PRG-195).

Orixes históricas

As teorías sobre a autoría da construcción orixinal do Batán sinalan aos monxes que habitaron o Mosteiro de Mezonzo, antigamente situado onde hoxe se atopa a igrexa parroquial de Santa María de Mezonzo, que data do Século XII, polo tanto, de ser certas estas teorías, este peculiar aparello textil sería anterior.O Batán de Mezonzo estivo funcionando ata 1954, momento no que se deixan de usar e comeza o seu deterioro. 

O batán funcionaba desde o mes de febreiro ata xuño aproximadamente, permanecendo pechado o resto do ano. A causa desta temporalidade recaía na ausencia de caudal suficiente no período estival, e a que nos meses de inverno resultaba moi complicado secar as mantas. 

Tarefas de voluntariado:

As labores realizadas na pasada edición do ano 2022 centráronse, principalmente, na limpeza de accesos, retirada de vexetación espontánea, acondicionamento de mesas, varandas e escaleiras, así como sinalización do Batán. Inda que realizouse una aproximación o acondicionamento da Ruta dos Muiños das Gándaras, por falta de tempo, quedaron moitas labores sen realizar. A edición do 2023 pretende, mesmo sen descuidar o acondicionamento continuo da zona do Batán (tarefas de limpeza, retirada de vexetación, accesos…), centrar a súa labor no acondicionamento, visibilización e dinamización da  Ruta homologada PRG-195 dos Muíños do Río das Gándaras, así como da ruta ruta Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo, ista última, levando a cabo distintas tarefas de limpeza e sinalización en colaboración coa Asociación Raiña.

Accións:

  1. Continuar coas tarefas de limpeza de accesos, retirada de vexetación espontánea, acondicionamento de varandas, mesas e escaleiras que sexa preciso na zona do Batán de Mezonzo para a súa correcta conservación que revirta nun desfrute para veciñanza e visitantes.
  2. Levar a cabo distintas tarefas de acondicionamento, sinalización e visibilización da  Ruta homologada PRG-195 dos Muíños do Río das Gándaras.
  3. Contribuir a programación sociocultural e medioambiental do Concello de Vilasantar mediante o deseño e posta en marcha dun roteiro teatralizado aberto a todos os públicos cos 22 muiños da ruta do Río das Gándaras como fío conductor.
  4. Colaborar coa Asociación Raíña na recuperación e conservación de camiños da Ruta Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo, así como na súa difusión.

Excursións e actividades complementarias:

OBRADOIROS E ACTIVIDADES

VISITAS E EXCURSIÓNS
Obradoiro improvisación teatral

Obradoiro de agricultura ecolóxica

Lasser tag e tiro con arco

Obradoiro de cosmética natural

Observación astronómica

Obradoiro percusión doméstica e baile tradicional

Seixo Branco – Cala de Canabal – Praia de Espiñeiro

Sobrado dos Monxes

Granxa ecolóxica Millo e Landras (Vilasantar)

Festival da Luz

Santiago de Compostela