Campo de Voluntariado Internacional “Luces de Boimorto”

Concello de Boimorto

Sobre a actividade:

Da colaboración entre o Concello de Boimorto e a existosa cantante Luz Casal nace no ano 2012 o Festival da Luz en Boimorto, tal foi o seu impacto nas primeiras edicións que as entradas esgotáronse antes do comezo do citado evento espertando un importante interese mediático.

Atopámonos ante unha experiencia única e solidaria, na que a mesma Luz Casal convídanos a súa casa natal e leiras colindantes para desfrutar de este evento en Galicia, exercendo como excepcional anfitriona. Durante os días que dura o festival, a música, a gastronomía e a cultura mestúranse nunha paisaxe inigualable onde reina a natureza, a reciclaxe, a sostenibilidade e a innovación.

Outro dos seus atractivos é o seu mercado onde cada ano se reúnen distintas entidades que mostran ao público os seus productos e servizos, trátase dun espazo de innovación e creatividade onde teñen cabida distintos tipos de propostas. Existe tamén unha ampla zona infantil para as crianzas, cunha variada programación de actividades que pretende que todos os públicos teñan cabida, convertindo este festival nun punto de encontro interxeracional e familiar. 

Un evento que conta con artistas de renome e unha coidada posta en escena, comprometido e con fins puramente solidarios, punto de encontro entre veciños e visitantes, que aboga pola posta en valor do rural e o Concello de Boimorto.

Tarefas de voluntariado:

A proposta deste Campo de Voluntariado pretende brindar ás persoas participantes a oportunidade de desfrutar e vivir unha experiencia única colaborando na organización e posta en marcha dun festival de música benéfico a través de distintas accións de voluntariado como:

  • Axudar na organización os días previos ao festival.
  • Colaborar na montaxe e distribución das distintas zonas do recinto no que se celebra.
  • Participar nas distintas labores levadas a cabo no transcurso do festival, entre elas, reparto de pulseiras, acomodación, atención ao público nos postos de información, colaboración no recinto infantil….
  • Levar a cabo distintas actividades de información e dinamización deseñadas e propostas polos propios voluntarios/as.

Excursións e actividades complementarias:

Santiago de Compostela

Praia Fluvial de Ponte de Castro

A Coruña

Ruta dos Muíños

Ruta dos Megalitos de Toques e Montes do Bocelo

Batalla de arqueiros

Tiro con Arco

Cultivo de Shiitake

Laser Tag

Astronomía

Foliada galega