Tarefas de voluntariado:
Para este 2023 plantéxase tamén participar na organización e execución da II Mala no Castro Friulio, un evento que tivo lugar por vez primeira o ano pasado, coincidindo coa primeira edición deste Campo de Voluntariado, no que se trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais: un proceso de unha semana no que todas as persoas dunha aldea tiñan un papel: colleitábase, mallábase no millo, recollíase o gran, e aproveitaban a palla resultante (neste caso para renovación das cubertas das pallozas do Castro Friulio). Todo isto envolto nunha gran festa, pois eran poucas as ocasións nas que todo o pobo estaba xunto para un mesmo cometido.
Obxectivos:
1.- Traballar na mellora e posta en valor do Castro Friulio (Friol), e axudar na restauración e consolidación de diversas estruturas (tellados vexetais das pallozas, fornos…)
3.- Participar na plantación de bosque de árbores autóctonas e froiteiras ao longo do paseo fluvial do río Narla ata o poboado.
4.- Participar na organización e execución da II Malla no Castro Friulio, evento que trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais: un proceso de unha semana no que todas as persoas dunha aldea tiñan un papel: colleitábase, mallábase no millo, recollíase o gran, e aproveitaban a palla resultante (neste caso para renovación das cubertas das pallozas do Castro Friulio).
5.- Creación de pequena peza audiovisual sobre a malla da Castronela para divulgación en redes sociais e do Concello.
Excursións e actividades complementarias:
Obradoiros: |
· Cestería.
· Obradoiro de Pan e Queixo no poboado castrexo. · Construción dunha palloza. · Foto Rally · Percusión doméstica: música e baile tradicional |
Saídas: |
· Fortaleza de Narla (Friol)
· Lugo: muralla romana, catedral e Domus do Mitreo · Sobrado dos Monxes: mosteiro, lagoa e ruta da Carballeira e Campamento Romano de A Ciadella · Ribadeo e Praia de As Catedrais · Granxa Ecolóxica |