Curso semipresencial de Monitor/a en Casa de Bello – intensivo xuño 2023
¿Por qué monitor-a?
No título oficial de Monitor-a de Actividades de Tempo Libre formámonos sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobretodo educar mediante as nosas accións.
É requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos…
Trátase dun curso de 200 h. (neste caso combinando a formación presencial durante o intensivo coa telemática) cunha fase de prácticas de 150 h. a realizar unha vez rematada a parte teórica.
Matrícula
Matrícula do curso (só formación)
Intensivo con aloxamento e pensión completa
Matrícula reducida do pack con aloxamento e pensión completa se vés con alguén!