Curso de Monitor-a de Actividades de Tempo Libre

  • Curso oficial homologado e expedido pola Xunta de Galicia

    Somos unha escola oficial inscrita no Rexistro de Escolas de Tempo Libre de Galicia

  • 200 h. "teóricas" de aprender xogando

    Nunha xogar foi tan didáctico… e tan divertido!

  • 150 h. de prácticas nunha entidade de tempo libre

    Podes facelas pola túa conta ou nalgunha das nosas actividades!

  • Cursos semipresenciais: 70% presencial e 30% formación telemática

    *Ao abeiro da Instrución do 1 de xuño de 2020 para Escolas de Tempo Libre, pola situación sociosanitaria actual

  • Ofrecemos cursos intensivos, en modo campamento: con aloxamento, pensión completa e veladas!

    A auténtica experiencia de ser monitor-a 24/7

  • Monográficos de Laser Tag, Educación Ambiental, Tiro con Arco e BatallaDeArqueiras

    Actividades multiaventura e como facer da natureza a maior das aventuras!

  • Inclúe módulo de campismo: acampada e supervivencia

    Como construir un vivak, potabilizar auga, facer lume, orientarnos… e moito máis!

Contidos presenciais:

Psicosocioloxía

  • Psicoloxía: concepto e campos de aplicación, psicoloxía evolutiva, o proceso de socialización, o xogo como elemento socializador.
  • Psicoloxía de grupos: roles, características de grupos infantís e xuvenís, liderazgo, técnicas de dinamización grupal, técnicas de resolución de conflictos, traballo en grupo.
  • Metodoloxía educativa: educación no tempo libre, pedagoxía do ocio, necesidades educativas especiais, programación, proxecto educativo, educación en valores.

Técnicas de animación, expresión e comunicación no tempo libre:

  • Expresión musical
  • Expresión dramática
  • Expresión plástica
  • Medios audiovisuais
  • Animación deportiva

Educación Medioambiental

  • Introducción a educación medioambiental
  • Medio e natureza en Galicia: a educación medioambiental transversal
  • Xogos de educación ambiental

Educación para a Saúde

  • Socorrismo e primeiros auxilios
  • Alimentación e nutrición
  • Sexualidade

Campismo e supervivencia

  • Orientación
  • A marcha
  • Topografía e cartografía
  • Supervivencia
  • Técnicas de campismo

Módulos especialización

  • tiro con arco
  • laser tag
  • batalla de arcos
  • xogos tradicionais
  • percusión doméstica
  • cabullería

75 h. TELEMÁTICAS:

  • Área de Educación para a Saúde

Sexualidade, prevención de drogodependencias, seguridade e hixiene, alimentación/nutrición…

  • Área de Organización e Recursos

Lexislación; Recursos; Redes de Información Xuvenil

  • Socioloxía

Características do lecer educativo; etapas evolutivas; aproximación ao estudo do medio social galego, inserción na cultura de Galicia…

SCOLÉ Escola de Tempo Libre

Educando no lecer

Scolé Escola de Tempo Libre é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Galego de Escolas de Tempo Libre (G-86) fundada en Sobrado dos Monxes en 2020, inspirada no termo grego da “Skholè” que facía referencia a todo iso que as persoas aprendemos fóra das aulas, da educación reglada, durante o noso tempo libre ou o que na Antiga Grecia denominaban “tempo libro”: un tempo de aprendizaxe fora dos estándares oficiais, e afastado das meras necesidades de subsistencia ou da vida produtiva, sendo necesarias unhas condicións de paz e liberdade para acadar coñecementos vencellados aos nosos gustos e intereses.

En Scolé ETL cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde os nosos participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e o análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

Contamos cun gran equipo de especialistas no campo con máis dunha década de experiencia en postos de execución e coordinación de actividades de ocio e tempo libre con crianzas, adolescentes ou persoas de terceira idade, e a nosa paixón é compartir os nosos recursos có futuro do tempo libre galego.