Curso intensivo Directora de Tempo Libre en Casa de Bello (Mesía)

Curso oficial de Director/a de Actividades de Tempo Libre en Boado, Mesía, durante a Semana Santa de 2023
  • Curso Oficial

    Expedido e homologado pola Xunta de Galicia

  • Requisitos

    Ter o título de monitor/a e experiencia como tal.

  • Intensivo modo campamento

    No aloxamento rural “Casa de Bello” en Boado, Mesía

  • Pensión completa

    Con menús caseiros e especiais (baixo demanda) con produto caseiro, de tempada e de Km. 0

  • Cursos semipresenciais

    75% presencial e 25% de formación telemática

  • Prácticas

    Despois da realización do curso, 14 días de prácticas nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre como director/a en prácticas.

  • Opcións de matrícula

    Só formación (225 €) ou con aloxamento e pensión completa (350€). Opcións de pago fraccionado e descontos do 10% se vés con algúen ou se xa fixeches algún curso con nós.

Contidos:

1. Área de psicosocioloxía: (40 horas)

1.1. Dirección de equipos e liderado.

1.1.1. O perfil do/a director/a de actividades de tempo libre.

1.1.2. A dirección dun equipo de traballo.

1.1.3. O equipo como base da intervención. Animación e dinámica dos
equipos.

1.1.4. A comunicación interpersoal.

1.2. Análise de realidades sociais.

1.2.1. Técnicas básicas de intervención social.

1.2.2. Fundamentos sociolóxicos do ocio e do tempo libre.

1.2.3. Os ámbitos de intervención.

1.2.4. Asociacionismo e participación na sociedade civil. O papel do
voluntariado e do profesional.

2. Área de intervención educativa (25 h.)

2.1. As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.

2.2. A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.

2.3. Educación en valores: o ideario educativo.

2.4. Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade,
participación, convivencia.

2.5. Asociacións como espazo educativo

3. Área de Xestión (85 h.)

3.1. Planificación e deseños de proxectos de intervención. Elementos básicos.

3.2. Estratexias de xestión.

3.3. Organización e modelos organizativos.

3.4. Administración, xerencia e xestión económica.

3.5. Lexislación.

3.6. Políticas e recursos institucionais.