Curso intensivo de Monitor/a en Abeiro da Loba – Edición Nadal

  • Curso intensivo en modo campamento

    Do 26 ao 30 de decembro de 2022 e do 2 ao 5 de xaneiro de 2023 en Abeiro da Loba

  • Formación telemática

    Do 6 de xaneiro ao 16 de febreiro (70h. de formación telemática sen horario)

  • Finde de peche (presencial)

    Módulo de campismo, dinámicas de avaliación e presentación de proxectos: Entroido 2023 (do 17 ao 20 de febreiro de 2023)

  • Curso oficial

    Expedido e homologado pola Xunta de Galicia

  • Prácticas

    Unha vez rematado o curso, 150 h. nunha entidade de tempo libre

Educación Medioambiental

Roteiros

Cabullería

Campismo

Vivak e supervivencia

Canto e baile tradicional

Xogos inclusivos

Percusión doméstica

Obradoiros

Laser Tag

Xogos cooperativos

Batalla de Arcos

¿Por qué monitor-a?

No título oficial de Monitor-a de Actividades de Tempo Libre formámonos sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobretodo educar mediante as nosas accións.

É requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos

Trátase dun curso de 200 h. (neste caso combinando a formación presencial durante o intensivo coa telemática) cunha fase de prácticas de 150 h. a realizar unha vez rematada a parte teórica.

Matrícula

275

Matrícula do curso (só formación)

385

Intensivo con aloxamento en Abeiro da Loba (sen mantenza)

450

Intensivo con aloxamento e pensión completa

* 5% desconto se vés con alguén! Opcións de pago fraccionado en 3 cuotas