Curso de Directora de Actividades de Tempo Libre

NOVA CONVOCATORIA

CURSO INTENSIVO DE DIRECTOR-A DE TEMPO LIBRE no Albergue Xuvenil de Gandarío (Semana Santa 2022)

  • Curso Oficial

    Expedido e homologado pola Xunta de Galicia

  • Requisitos

    Ter o título de monitor/a e experiencia como tal.

  • Intensivo modo campamento

    Con pernocta no Albergue Xuvenil de Gandarío (Opcional)

  • Pensión completa

    Con menús caseiros e especiais (baixo demanda) con produto caseiro, de tempada e de Km. 0

  • Cursos semipresenciais

    75% presencial e 25% de formación telemática

  • Intensivo presencial

    Do sábado 9 ao domingo 17 de abril de 2022 (Semana Santa).

Contidos:

1. Área de psicosocioloxía: (40 horas)

1.1. Dirección de equipos e liderado.

1.1.1. O perfil do/a director/a de actividades de tempo libre.

1.1.2. A dirección dun equipo de traballo.

1.1.3. O equipo como base da intervención. Animación e dinámica dos
equipos.

1.1.4. A comunicación interpersoal.

1.2. Análise de realidades sociais.

1.2.1. Técnicas básicas de intervención social.

1.2.2. Fundamentos sociolóxicos do ocio e do tempo libre.

1.2.3. Os ámbitos de intervención.

1.2.4. Asociacionismo e participación na sociedade civil. O papel do
voluntariado e do profesional.

2. Área de intervención educativa (25 h.)

2.1. As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.

2.2. A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.

2.3. Educación en valores: o ideario educativo.

2.4. Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade,
participación, convivencia.

2.5. Asociacións como espazo educativo

3. Área de Xestión (85 h.)

3.1. Planificación e deseños de proxectos de intervención. Elementos básicos.

3.2. Estratexias de xestión.

3.3. Organización e modelos organizativos.

3.4. Administración, xerencia e xestión económica.

3.5. Lexislación.

3.6. Políticas e recursos institucionais.

Matrícula

250

Matrícula

350

Matrícula + Aloxamento

450

Matrícula + Aloxamento e pensión completa

* Descontos se vés con alguén e antig@s alumn@s da Escola Opcións de pago fraccionado

Scolé Escola de Tempo Libre é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Galego de Escolas de Tempo Libre (G-86) fundada en Sobrado dos Monxes en 2020, inspirada no termo grego da “Skholè” que facía referencia a todo iso que as persoas aprendemos fóra das aulas, da educación reglada, durante o noso tempo libre ou o que na Antiga Grecia denominaban “tempo libro”: un tempo de aprendizaxe fora dos estándares oficiais, e afastado das meras necesidades de subsistencia ou da vida produtiva, sendo necesarias unhas condicións de paz e liberdade para acadar coñecementos vencellados aos nosos gustos e intereses.

En Scolé ETL cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde os nosos participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e o análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

Contamos cun gran equipo de especialistas no campo con máis dunha década de experiencia en postos de execución e coordinación de actividades de ocio e tempo libre con crianzas, adolescentes ou persoas de terceira idade, e a nosa paixón é compartir os nosos recursos có futuro do tempo libre galego.