Curso de Director/a de Campos de Voluntariado – intensivo Letras Galegas 2022
SCOLÉ Escola de Tempo Libre convoca un curso intensivo de Director/a de Campos de Traballo no centro de actividades e albergue de Eco dos Teixos (Casaio, Carballeda de Valdeorras) do 13 ao 17 de maio de 2022 (ponte das Letras Galegas).
O curso se desenvolverá de maneira intensiva do venres 13 de maio ás 16 h. ata o martes 17 de maio, ás 20 h. nas instalacións de Eco dos Teixos en Casaio, cun total de 50 horas presenciais.
Os requisitos para inscribirse son: estar en posesión do título de Director/a de Tempo Libre e ter experiencia coordinando un equipo de animación no lecer educativo de polo menos 15 días.
É un curso oficial expedido e homologado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e habilita para coordinar equipos de animación e dirixir campos de voluntariado.
Trátase do derradeiro curso oficial de tempo libre, tras o de monitor/a e o de director/a, e ten unha duración de 50 h. teóricas, máis unha fase práctica a desenvolver nalgún campo de voluntariado. O curso levarase a cabo con grupo reducido e mantendo as distancias e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias acordes ao momento que estamos a vivir.
Anímate a coñecer desde dentro o mundo do voluntariado!
Matrícula
Todo incluido (Aloxamento, pensión completa e formación)
Matrícula sen aloxamento nin mantenza
Desconto para antig@s alumn@s
Desconto se vés con alguén
Contidos
- Características xerais que definen un campo de traballo como marco de relación e comunicación para os rapaces participantes.
- As administracións e as entidades organizadoras. Acordos de cooperación.
- Tipoloxías de campos de traballo e aprendizaxe:
- O traballo técnico. Horarios, recursos, material e ferramentas de traballo. Material específico.
- Persoal e tarefas.
- O aloxamento.
- Participantes e as súas necesidades.
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Criterios de selección das diferentes propostas:
SCOLÉ Escola de Tempo Libre
Educando no lecer
Scolé Escola de Tempo Libre é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Galego de Escolas de Tempo Libre (G-86) fundada en Sobrado dos Monxes en 2020, inspirada no termo grego da “Skholè” que facía referencia a todo iso que as persoas aprendemos fóra das aulas, da educación reglada, durante o noso tempo libre ou o que na Antiga Grecia denominaban “tempo libro”: un tempo de aprendizaxe fora dos estándares oficiais, e afastado das meras necesidades de subsistencia ou da vida produtiva, sendo necesarias unhas condicións de paz e liberdade para acadar coñecementos vencellados aos nosos gustos e intereses.
En Scolé ETL cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde os nosos participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en grupo e o análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.
Contamos cun gran equipo de especialistas no campo con máis dunha década de experiencia en postos de execución e coordinación de actividades de ocio e tempo libre con crianzas, adolescentes ou persoas de terceira idade, e a nosa paixón é compartir os nosos recursos có futuro do tempo libre galego.