Cursos oficiais de tempo libre e cursos monográficos de especialización

Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre

Curso oficial de 150 h. con parte presencial e parte telemática

PRÓXIMA CONVOCATORIA: 

Edición Outono: outubro/novembro en Casa de Bello (Mesía). DATAS POR CONFIRMAR.

Curso de Director/a de Campos de Voluntariado

Curso oficial de 50 h. presenciais

PRÓXIMA CONVOCATORIA:

Edición Outono: outubro/novembro en Casa de Bello (Mesía). DATAS POR CONFIRMAR.

Cursos de especialización / Monográficos

Cursos monográficos de especialización

Scolé Escola de Tempo Libre é unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Galego de Escolas de Tempo Libre (G-86) fundada en Sobrado dos Monxes en 2020, inspirada no termo grego da “Skholè” que facía referencia a todo iso que as persoas aprendemos fóra das aulas, da educación reglada, durante o noso tempo libre ou o que na Antiga Grecia denominaban “tempo libro”: un tempo de aprendizaxe fora dos estándares oficiais, e afastado das meras necesidades de subsistencia ou da vida produtiva, sendo necesarias unhas condicións de paz e liberdade para acadar coñecementos vencellados aos nosos gustos e intereses.

En Scolé ETL cremos nunha aprendizaxe significativa a través dunha metodoloxía activa, dinámica e participativa, onde as persoas participantes aprenden poñendo en práctica os contidos do curso a través da aprendizaxe indutiva, o traballo en equipo e a análise das distintas situacións grupais, sen esquecer o aspecto lúdico das actividades no eido do ocio e tempo libre que impregnarán, na medida do posible, as actividades a abordar sendo unha das nosas principais metas o “aprender xogando”.

Contamos cun gran equipo de especialistas no campo con máis dunha década de experiencia en postos de execución e coordinación de actividades de ocio e tempo libre con crianzas, adolescentes ou persoas de terceira idade, e a nosa paixón é compartir os nosos recursos coas persoas que queiran achegarse a el.