Egresada da
ESAD de Galicia pola
Especialidade de Interpretación Xestual. Complementa a formación en interpretación na Universidade Jamu (República Checa).
Mestría en Dirección Escénica Contemporanea dirixida por Carlos Tuñón. Formada en
Técnicas da Representación na Scuola Conia dirixida por Claudia Castelluci (Premio Leone d’Argento-Biennale di Venezia 2020). Tamén participa da coreografía All’inizio de la cità de Roma dentro do taller Esercitazione Ritmiche (Teatros del Canal 2020).
Adquire a Mestría pola URJC en Xestión e Liderazgo de Proxectos Culturais. Remata todos os cursos da Escola Municipal de Teatro de Vigo dende o ano 2002. Combina os estudos cunha ampla formación en Técnicas do corpo e o movemento da man de: Poliana Lima, Nir de Volff (Total Brutal), The Farmer in the cave, Pierre Nadaud, Minako Seki, Hisako Horikawa, Syv Bruzeau. Mar Navarro, José Piris, Forced Entertaiment, Nieves Correa...Traballa no departamento de dirección artística do Teatro del Barrio cunha intership. Traballa como axudante de produción de A Panadaría (As que limpan).
Coma directora codirixe Fábrica de Fume para o CDG e Acciona o rural (programa da Diputación de Pontevedra) e máis de cinco montaxes dende o ano 2015 coa súa compañía Inherente. Actualmente, coma directora artística de Las vivo e estrea a súa primeira peza no Ciclo Abril Imaginario dirixido por Los Números Imaginarios en Abril de 2024. Coma actriz actúa con El Conde de Torrefiel ou Voadora entre outras.
Participou en proxectos para o Centro Dramático Galego, Centro Dramático Nacional e Teatro Español. Residiu durante un ano no Centro Cultural Conde Duque Madrid baixo a mentoría da compañía internacional Sleepwalk Collective. Durante ese tempo participa de máis de 4 espectáculos de natureza experimental. O seu espectáculo “Artista, minera y torera” foi seleccionado para o Festival Surge Madrid 2021 dentro da modalidade artistas emerxentes.
Participa en Festivais Nacionais coma Noche Scratxe, MITFC ou a VIII edición do Cenit Sevilla. Participa con Inherente Teatro en Mulleres en Acción e o Festival 85c. Xira co espectáculo “El Águila” financiado por o INJUVE, en colaboración con Conde Duque Madrid e Teatro de la Abadía e Run Baby Run do Teatro Español. Estrea como directora dentro do Ciclo Abril Imaxinario unha versión das Troianas de Eurípides: Mozas que arrincan os cabelos.