Do 4 ao 6 de abril de 2025
Albergue Xuvenil - Granxa Escola Garatuxa (Casa de Bello, Mesía)
O principal obxectivo de El Camino del Sakura é poñernos a salvo: técnicas sinxelas pra aplicar no día a día ou en casos de necesidade, pra poñernos a salvo e atopar a serenidade, o cariño, as palabras, o amor, a empatía, o empoderamento e a contención emocional e física que precisamos. Facer tanxible o intanxible...
Os obradoiros de El Camino del Sakura inclúen técnicas de distintas artes marciais como o Sonbae Gumdo, Nippon Kempo ou Tae Kwon Do, Aikido, técnicas ericksonianas, PNL, autoreflexión, técnicas de meditación sen ser intrusiva ou impositiva, así como distintas terapias de acompañamento e contención.
· Introducción á espada
· Técnicas de control de ansiedade
· Principios básicos de prevención
· Técnicas de golpes e uso de obxectos cotiás
· Técnicas básicas de patadas, chaves e contrachaves
· Defensa persoal emocional: poñendo límites saudables