Campo de Voluntariado Internacional “Do audiovisual galego”

Concello de Celanova

Sobre a actividade:

A proposta xira arredor da elaboración de distintas pezas de non ficción que reflictan a riqueza patrimonial, cultural,
artística e literaria do Concello de Celanova, involucrando a veciñanza neste proxecto, a través da realización de
distintas entrevistas e recollida de testemuñas. As distintas pezas deberán reunir unha serie de requisitos técnicos
(planos, secuencias, ángulos…) así como xeográficos (localizacións nas que rodar). Xunto co equipo audiovisual, os/as
participantes irán pasando polas tres etapas da creación audiovisual: preprodución, produción e posterior montaxe.
Paralelamente, deberán aproveitar os medios técnicos (cámaras, equipos de son, trípodes, ordenadores, dron…)
para a rodaxe de pequenas pezas individuais que presentaran no festival de curtas ¥inal, asegurando deste xeito
unha aprendizaxe activa e participativa, na que as participantes se achegan ao coñecemento audiovisual dunha
maneira práctica e lúdica.

Tarefas de voluntariado:

Preproducción, producción e postproducción de distintas pezas audiovisuais sobre Celanova, a súa contorna, patrimonio, sociedade…

Excursións e actividades complementarias:

• Descubrimento dos espazos evocativos do contorno de Celanova, que inspiraron os escritores para a
composición de poemas ou a creación de relatos literarios, como poden ser Penalta, Einibó, Vilanova dos
Infantes etc.
• Coñecemento do patrimonio arquitectónico e monumental de Celanova e dos seus arredores a través de
actividades grupais e participativas.
• Obradoiro de percusión doméstica, de bailes cantados, foliada…
• Sesión de risoterapia
• Escape game na casa dos poetas de Celanova
• Visita a Castromao e plató de Galaicus
• Concerto de órgano no Mosteiro de Celanova
• Saída a Pozas de Olelas e baño nas Termas