En AVADA deseñamos e executamos proxectos de voluntariado ao longo do ano, contextualizadas ao momento e ao lugar: xornadas e formacións durante o curso e campos de voluntariado con pernocta durante o verán.
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Vacacións en Paz 2022
Formamos parte de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), e este ano coordinamos para dita asociación, de maneira voluntaria, os seguintes concellos dentro do Programa Vacacións en Paz 2022:
Abegondo / Aranga / Arzúa / Bergondo / Betanzos / Boimorto / Cambre / Carral / Coirós / Curtis / Irixoa / Frades / Melide / Mesía / Oza-Cesuras / Paderne / Santiso / Sobrado / Toques / Vilasantar
Se eres familia acolledora dalgún destes concellos, ou coñeces alguén que lle interese entrar a formar parte deste programa con máis de corenta anos de traxectoria, acollendo durante os meses de xullo e agosto a un neno ou nena saharaui (evitando así os meses máis duros nos campamentos de refuxiados nos que levan confinados dende que naceron: lugares que nesas datas poden acadar os 50 graos á sombra), non dubides en poñerte en contacto con nós (ou con SOGAPS) e recibirás toda a información.
Aínda non coñeces VACACIÓNS EN PAZ? Preme aquí para máis información.
No inverno de 2022, na viaxe aos campamentos saharauis de Tindouf (Arxelia) organizado por SOGAPS, puidemos constatar que entre moitos outros eidos, na Educación Vial dos e das saharauis hai moitas carencias: ausencia de libros de textos, sinais desactualizadas, e coches para a formación práctica sen doble pedal, cos perigos que isto conleva.
Este proxecto de cooperación internacional busca axudar a solventar esas carencias, co envío de material de Educación Vial: libros de texto, pósters de sinalización, pizarra, material funxible e o máis importante: na próxima caravana humanitaria partirá cara os campamentos saharauis un coche de autoescola adaptado con dobles pedais.
O programa a desenvolver no futuro inclúe campañas de 2/3 meses ao ano, dirixidas a formar ás mulleres saharauis para a obtención do carné de conducir.
CAMPAMENTO é unha palabra polisémica. Ten moitos significados. A nós gustaríanos que este termo só evocase ao lecer educativo, ás vacacións na natureza, ás novas amizades descubertas compartindo tendas de campaña… máis non é así. Desgraciadamente, para moita xente os campamentos son o seu lugar de residencia, incluso de nacemento, e os campamentos case sempre van unidos doutros termos como refuxiados, desplazados…
Desde AVADA promovemos actividades para dar a coñecer estas dúas realidades á xuventude, dentro dos programas de “Vacacións en paz” organizado por Solidariedade Galega có Pobo Saharaui e orientados á que as crianzas saharauis desplazadas a campamentos no deserto, poidan desfrutar dos nosos veráns en compañía da mocidade local, tendendo pontes e creando lazos entre os pobos e entre as persoas.
Actividades encamiñadas á conciliación e que durante esta, a rapazada local e os nosos convidados e convidadas do Sáhara, poidan desfrutar dun espazo seguro de aprendizaxe mediante o xogo.