Campo de Voluntariado Internacional “Aldea Alfacuca”
Concello de Mos
Sobre a actividade:
Na parroquia de Louredo do Concello de Mos, atopamos esta aldea restaurada na que constan unhas pequenas e antigas edificacións. Estas construcións fixéronse arredor do 1670, polo señor Alonso Blanco onde viviu, de Gregorio Deliste e, entre ambos os dous construiron outra edificación cun tellado de palla que denominaron Pallosa.
Está situada no ámbito de San Antoiño e se desenvolve nunha superficie aproximada de 13.630 m². A pequena aldea está composta por dúas vivendas tradicionais, con construcións anexas, ocupando unha superficie aproximada de 600 m².
Ao lado da aldea temos dúas zonas de zócalos empregadas antigamente como hortas ligadas á vivenda, os socalcos teñen unha superficie de 1.402,65m2. Existe tamén unha rede de camiños que artigan o ámbito, dende o punto de vista etnográfico e urbanístico presentan un grande interese pola súa integración no territorio.
O campo onde están as edificacións foi nomeado coma “Fonte de Alfacuca”, que levaba de sementeira segundo a medida da época sete ferrados de trigo. Outra heredade labrega de sementeira de oito ferrados de trigo, nela ademáis do labradío había viña, monte, carballos e castiñeiros.
Tamén un monte que levaba de sementeira dezaseis ferrados de trigo, este limitaba polo norte co monte aberto e Soto de Alfacuca, lugar poblado de castiñeiros. E por último as heredades Dabesadiña e Sijerey que está pechada sobre sí e de sementeira cinco ferrados e medio.
A renda de Alfacuca facía un total de 36,5 ferrados de sementeira que pagaban ao Conde de Maceda, señor de San Antoiño por estas nomeadas propiedades cada ano por día de San Martín en novembro.
O Concello de Mos realizou na aldea de Alfacuca unha primeira intervención que conlevou a reforestación do parque e a reconstrucción das edificacións en aulas lóbregas. Posteriormente, a través dos obradoiros de emprego, realizáronse outras actuacións para finalizar o seu acondicionamento que conlevan actuacións de distinto tipo como reconstrucción de muros, pavimentación, empedrado, reconstrucción de elementos de pedra, construcción de casetas de servizos, varanda, sendeiros, mobiliario urbano, instalación da rede de alumeado, abastecemento e saneamento.
Na súa procura de dinamizar o lugar, e buscar a integración de actividades que alí se desenvolvan xunto coa veciñanza, e ao mesmo tempo dar lugar a que ditas actividades poidan favorecer e xerar oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual ou outras accións de interese social e comunitario, no ano 2018 o Concello chega a un acordo coa EDV para a implementación dun programa de inclusión de persoas con diversidade funcional a través de obradoiros nesta aldea, un ambicioso proxecto que na actualidade sigue paralizado por mor da COVID, ao que se pretende dotar dun impulso con este proxecto de campo de voluntariado que axude a recuperar e axeitar este espazo, volvendo a traer á comunidade e provocando nesta un sentimento de pertenza e de coidados ao seu patrimonio.
O presente proxecto de Campo de Voluntariado pretende axudar a dinamizar e recuperar unha antiga aldea na que o Concello de Mos leva anos traballando, dotándoo de espazos de interese comunitario que poidan ser visitados pola veciñanza e onde coñecer aspectos tanto do Concello como da nosa cultura e etnografía, a través da acción voluntaria.
Tarefas de voluntariado:
– Deseñar e executar un sistema de recoleción de auga de chuvia para crear un sistema de rego sostible para o Bosque Comestible prantado neste mesmo campo de voluntariado no ano anterior.
– Esta actividade busca darlle continuidade ós proxectos que comenzaron o ano pasado neste mesmo campo de voluntariado, dotando así de sentido as accións levadas a cabo anteriormente. As árbores froiteiras que compoñen este Bosque comestible son aínda moi novas, polo que cómpre manter un as súas necesidades básicas ben atendidas durante os primeiros anos polo menos. Ao seren a Aldea Alfacuca un lugar deshabitado a maior parte do ano e como consecuencia non haberá ninguén que se ocupe deste tipo de labores coa asiduidade necesaria, polo que pensamos que é unha boa solución a creación dun sistema de recollida da auga de chuvia, a cal será utilizada posteriormente para regar este bosque comestible mediante un sistema de goteo.
– Un segundo uso que se podería dar a este auga de chuvia sería o de crear unha pequena fonte elevada que sirva de oasis para as aves da contorna. As aves son un elemento clave no conservación de todo ecosistema xa que actúan como dispersoras de sementes a través das súas deposicións.
– Retirar especies exóxenas invasoras:
Como comentábamos anteriormente, a presenza de Acacias nesta aldea é moi destacable.
Tanto a Acacia Mimosa coma a Acacia Negra, son especies exóxenas invasoras, e tamén cabe destacar a prezenza da Robinia pseudoacacia, coñecida como “falsa Acacia”.
Segundo a Lei, as especies exóticas invasoras (EEI) son “aquelas que se introducen ou establecen nun ecosistema ou hábitat natural ou seminatural e son un axente de cambio e unha ameaza para a diversidade biolóxica autóctona, xa sexa polo seu comportamento invasor ou polo risco de contaminación xenética»
– Montaxe dunha pequena Aula Natureza nun dos espazos habilitados, creación de paneis informativos e selección de mostras. Deseño de dúas actividades para desenvolver na aldea e que poidan levarse a cabo unha vez rematado o campo polo persoal do Concello, centros educativos, etc. Un espazo pensado para achegar aos seus visitantes dunha forma amena e comprensible os interesantes valores naturais e patrimoniais do Concello de Mos e o Val da Louriña.
– Mantenza do xardín sensorial creado no campo do ano anterior, con exemplares de plantas e herbas aromáticas que esti- mulen o olfato así como os outros sentidos, e que poida ser visitado por colectivos que cada vez máis empregan estes espazos como lugar de aprendizaxe.
– Montaxe dun pequeno museo etnográfico, a través de visitas á veciñanza, recollendo obxectos antigos que poidan acabar no lixo, para musealizar unha pequena aula con obxectos da vida no rural.
– Mantenza e uso do composteiro para uso veciñal, tamén introducido na actividade do ano anterior, organización dun obradoiro de compostaxe para a veciñanza, xerando así un tecido asociativo no que todos poidan ver recompensados os seus esforzos levando compost periódicamente.