Cooperación Internacional

CAMPAMENTO é unha palabra polisémica. Ten moitos significados. A nós gustaríanos que este termo só evocase ao lecer educativo, ás vacacións na natureza, ás novas amizades descubertas compartindo tendas de campaña… máis non é así.

Desgraciadamente, para moita xente os campamentos son o seu lugar de residencia, incluso de nacemento, e os campamentos case sempre van unidos doutros termos como refuxiados, desplazados

Desde AVADA promovemos actividades para dar a coñecer estas dúas realidades á xuventude, dentro dos programas de “Vacacións en paz” orientados á que as crianzas saharauis desplazadas a campamentos no deserto, poidan desfrutar dos nosos veráns en compañía da mocidade local, tendendo pontes e creando lazos entre os pobos e entre as persoas.

Este 2021 o programa sigue paralizado por mor da pandemia, esperamos poder por fin arrancar con estas actividades no vindeiro 2022.