Curso de Director/a de Campos de Voluntariado – maio 2021

SCOLÉ Escola de Tempo Libre convoca un curso intensivo de Director/a de Campos de Traballo no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) para o 14, 15, 16 e 17 de maio.

O curso se desenvolverá de maneira intensiva do venres 14 de maio ás 16 h. ata o luns 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 20 h. nas instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo). Tras estas datas, inclúe 10 h. de formación telemática en diferido en materia de seguros e responsabilidade civil, e 4 horas de presentación dos proxectos o día 22 de maio, de maneira telemática presencial, como peche do curso.

Os requisitos para inscribirse son: estar en posesión do título de Director/a de Tempo Libre e ter experiencia coordinando un equipo de animación no lecer educativo de polo menos 15 días.

O prezo da matrícula é de 250 € e inclúe aloxamento e pensión completa durante o intensivo da ponte das Letras Galegas, con facilidades de pago fraccionado. Existe a posibilidade de matricularse sen aloxamento nin mantenza, e o custe da matrícula é de 175€. Coa matrícula do curso expídese certificado de desprazamento para actividades formativas.

É un curso oficial expedido e homologado pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e habilita para coordinar equipos de animación e dirixir campos de voluntariado.

Trátase do derradeiro curso oficial de tempo libre, tras o de monitor/a e o de director/a, e ten unha duración de 50 h. teóricas, máis unha fase práctica a desenvolver nalgún campo de voluntariado (a matrícula do curso inclúe a posibilidade de facelas con nós este verán en campos da Campaña de Verán 2021 da Xunta). O curso levarase a cabo con grupo reducido e mantendo as distancias e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias acordes ao momento que estamos a vivir.

Anímate a coñecer desde dentro o mundo do voluntariado!