ECO-CAMPA MULTIAVENTURA

En Avada desfrutamos organizando campamentos para entidades públicas e privadas, viaxes de fin de curso, de convivencia ou semellantes, e facémolo a medida: no interior ou na costa, con excursións á carta e tamén un amplo catálogo de actividades educativas e deportivas (actividades de inmersión lingüística, de sensibilización medioambiental; laser tag, deportes náuticos, tiro con arco, scape-room…).
Ponte en contacto con nós a través de [email protected] e cóntanos o que precisas, estaremos encantadas de enviarche unha proposta á vosa medida e un orzamento sen compromiso.