¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

VOLUNTARIADO INTERNACIONAL

Friulio

  FRIOL (LUGO)

No concello lucense de Friol vense desenvolvendo dende o ano 2017 o Festival Friulio, no que se recrea a vida dun poboado castrexo e a chegada dun destacamento romano, dando a coñecer un proceso histórico chave como foi a romanización do territorio no século II d.C. e os cambios que isto supuxo a nivel de sociedade, cultura, arquitectura… 

O Friulio é organizado cada primavera pola asociación A Castronela, na que centos de veciños e veciñas conviven e aproveitan os seus espazos de lecer para  construir un poboado castrexo da época da romanización á beira do río Narla, así como recrear as vestimentas da época, as ferramentas ou os fogares, cós seus fornos, pendellos…

No Friulio participan asociacións de recreación histórica, a meirande parte das que integran Arde Lucus así como moitas outras doutros lugares da península. 

Esta actividade proponse poñer en valor e axudar a desenvolver unha actividade senlleira que nos achega ao noso pasado, axudando ás persoas voluntarias da Castronela en accións de restauración e consolidación no Castro Friuliosinalización dos accesos a través do paseo fluvial, retirada de especies invasoras e plantación de autóctonas nas inmediacións ao castro… 

 

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Tarefas do voluntariado 

Para este 2023 plantéxase tamén participar na organización e execución da II Mala no Castro Friulio, un evento que tivo lugar por vez primeira o ano pasado, coincidindo coa primeira edición deste Campo de Voluntariado, no que se trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais: un proceso de unha semana no que todas as persoas dunha aldea tiñan un papel: colleitábase, mallábase no millo, recollíase o gran, e aproveitaban a palla resultante (neste caso para renovación das cubertas das pallozas do Castro Friulio). Todo isto envolto nunha gran festa, pois eran poucas as ocasións nas que todo o pobo estaba xunto para un mesmo cometido.

Obxectivos

  1. Traballar na mellora e posta en valor do Castro Friulio (Friol), e axudar na restauración e consolidación de diversas estruturas (tellados vexetais das pallozas, fornos…)

  2.  Participar na plantación de bosque de árbores autóctonas e froiteiras ao longo do paseo fluvial do río Narla ata o poboado.

  3. Participar na organización e execución da II Malla no Castro Friulio, evento que trata de recuperar a tradición da malla do trigo, que era moito máis que a criba dos cereais: un proceso de unha semana no que todas as persoas dunha aldea tiñan un papel: colleitábase, mallábase no millo, recollíase o gran, e aproveitaban a palla resultante (neste caso para renovación das cubertas das pallozas do Castro Friulio).

  4. Creación de pequena peza audiovisual sobre a malla da Castronela para divulgación en redes sociais e do Concello.
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Obradoiros e actividades complementarias

Obradoiros

  • Cestería

  • Obradoiro de Pan e Queixo no poboado castrexo

  • Construción dunha palloza

  • Foto Rally

  • Percusión doméstica: música e baile tradicional

 

Saídas

  • Fortaleza de Narla (Friol)

  •  Lugo: muralla romana, catedral e Domus do Mitreo

  • Sobrado dos Monxes: mosteiro, lagoa e ruta da Carballeira e Campamento Romano de A Ciadella

  • Ribadeo e Praia de As Catedrais

  • Granxa Ecolóxica
Related content
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar