Promoción do apoio social e a socialización: participación activa na vida do Concello, colaboración co Concello no deseño de actividades interxeracionais abertas ao público onde os nosos maiores desempeñen un papel relevante, participación nas actividades promovidas polo Concello de Mesía dirixidas a este colectivo e o público xeral (excursións, festividades, programas dirixidos a terceira idade…), deseño de actividades de portas abertas na Casa do Maior onde a veciñanza poda participar de actividades conxuntas de índole lúdico e cultural (magostos, festa de nadal, entroido, san xoán, festividades locais, xantares populares…)…