Casa do Maior - Casa de Bello

(Boado, Mesía)

Servizo gratuito de atención diurna integral para maiores de 60 anos, onde sempre prima o acompañamento ás persoas usuarias: obradoiros de envellecemento activo, adestramento cognitivo e outras actividades persoalizadas. Tamén ofrece servizos de transporte e mantenza para as persoas usuarias.

A Casa do Maior é un servizo subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e ofrece cinco prazas para maiores de 60 anos sen dependencia ou con dependencia recoñecida de grao I, como recurso de mantemento e mellora da calidade de vida e prevención da dependencia a través dos seguintes eixes:

 

Promoción da autonomía física e a saúde: actividades diarias dirixidas a psicomotrocidade e mellora da condición física, rutinas de exercicios, paseos pola contorna, actividades de lecer ao aire libre, deseños de menús adaptados as necesidades das persoas usuarias, educación alimentaria, orientación e seguemento nas condicións de hixiene persoal, seguemento médico e de medicacións.

Estimulación cognitiva: tarefas de entrenamento cognitivo, xogos de memoria, atención, concentración, exercicios de categorización, ordenación, clasificación, resolución de problemas adaptados a elementos significativos da vida cotiá que potencien o máximo a súa funcionalidade.

Orientación temporal e espacial: lectura de prensa, visualización de telediarios, actividades de orientación espacial na contorna…

Benestar emocional e apoio psicoafectivo: dinámicas para o fomento da autoestima e o empoderamento da terceira idade, actividades que favorezan o autodescubremento, a búsqueda de intereses, a creatividade, apoio continuo por parte do profesional a cargo do proxecto nun ambiente de respeto, aceptación e confianza, creación de redes de apoio a través de actividades grupais, implicación de familiares e amigos no programa….

 

Promoción do apoio social e a socialización: deseño de actividades de portas abertas na Casa do Maior onde a veciñanza poda participar de actividades conxuntas de índole lúdico e cultural (magostos, festa de nadal, entroido, san xoán, festividades locais, xantares populares…)…

 

Promoción do apoio familiar: implicación das familias no programa, participación das familias na programación de actividades, deseño de actividades con familiares, reunión de seguemento, comunicación continua, orientación as familias… 

Normalización e integración: traballo de hábitos de autonomía e trefas da vida diaria a través de exercicios prácticos e lúdicos.

 

Se queres apuntarte ou vir probar, para ti mesma ou para un/ha familiar, non dubides en contactar connosco e axudarémoste có proceso de inscrición coa Traballadora Social do Concello.  

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar